O pasado 17 de Maio foi en Galñicia o Día das Letras Galegas. Sí xa sei, xa vai tempo dende aquela, pero é o que ten vivir lonxe da terra, que una esquécese dos acontecementos importantes que se celebran en honor ás cousas que de verdade importan, como por exemplo, o caso da lingua.
Sí, nunca entenderei a aqueles que din que o galego é unha merda, ou que non vale para nada, ou iso de "para qué estudalo se non nos vai dar de comer". Non sei, esas persoas parécenme do máis incultas, porque ¿qué máis dá se cando traballemos teñamos que falar en castelán? O importante, digo eu, é que temos un algo diferenciador que non o teñen en todas partes, porque dime ti ¿quén ten, neste mundo globalizado no que vivimos, un idioma propio además dun que é mundialmente coñecido? Non sei por qué eso da vergoña, e que de verdade, non o entendo.
Pero bueno, que me vou do que quería falar. Dixera que o pasado 17 de Maio foi o Día das nosas letras e, buscando polo Internet a ver se agochaba algún escrito de
Álvarez Blázquez, a personaxe á que este ano se lle dedica o día, atopei un que me emocionou moito:
Non é certo que os nenos teñan fame.
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!